Saber acoller a quen vén
Neste mundo de crispada confrontación, as présas, a emotividade, as medias verdades interesadas, o esquecemento de principios e valores universais e a primacía do relato ideolóxico a favor das posicións persoais e sen ánimo de buscar lugares de entendemento e puntos de encontro, o obvio deixa de selo, namentres que a opinión, sempre subxectiva é elevada a rango de verdade universal que se impón, por contraditorio que pareza, sen atender ao que poden pensar outras e outros ou o que nos di a realidade que temos diante. Desde este subxectivismo ideolóxico e individualista desautorízase a quen non subscriba este xeito de pensar, sexa o papa, os bispos ou calquera crente que teña a ben cuestionar tal posicionamento como afastado do evanxeo.
Nun mundo así, son moitas as persoas, mesmo daquelas chamadas crentes, que mostran o seu rexeitamento e a súa queixa cando as persoas cristiás, desde calquera parte do mundo e desde a lóxica do evanxeo —lóxica da que nunca deberiamos ternos apartado—, afirmamos que a acollida por riba de culturas, cores de pel, credos ou áreas xeográficas é o cerne da fe en Xesús, é o cerne da fe........
