Primeiro frear o fascismo, despois reconstruír unha esquerda de clase
Hai momentos nos que a política esixe ordenar as prioridades, e este é un deles. Antes de discutir como queremos que sexa a esquerda do futuro, temos que asegurarnos de que ese futuro aínda sexa posible. E para iso hai que frear, sen medias tintas, o fascismo, a ultradereita e eses liberais sen empatía nin humanidade que ven as persoas como unha partida máis na súa conta de resultados.
A ultradereita, un equipo de demolición
Que ninguén se engane: a dereita de hoxe xa non é a dereita de hai vinte anos. Hoxe a dereita é, directamente, a ultradereita. E vén coa picota na man. O pouco que nos queda de Estado do benestar, de dereitos laborais, de sanidade e educación públicas e de xustiza social é, para eles, un estorbo........
