O sacrificio sempre é dos mesmos
Sacrificio, si, pero o dos outros
O PP lanzou un spot de precampaña no que eloxia o «sacrificio» da xente e, de paso, lle solta á esquerda que «non saben o que é». Hai que ter unha cara de cemento armado para dicir iso. Quen levamos case dúas décadas detrás dunha caixa, repoñendo no almacén ou facendo malabares para chegar a fin de mes sabemos perfectamente o que é o sacrificio. O que nunca vimos é un dirixente da dereita sacrificando algo que non fose o peto dos demais.
Quen sacrifica a quen
Cando a........
