Ali, o chibo expiatorio e o imperio: a barbarie que se agocha detrás dun perdigón
Un neno de oito anos, Ali, foi tiroteado na cabeza cunha pistola de perdigóns por uns encapuchados en Ceuta. Un neno. Oito anos. E xa é obxectivo da barbarie racista que a dereita e a ultradereita levan meses sementando neste país con total impunidade. Non hai palabras suficientemente duras para cualificar a quen empuña unha arma contra un cativo: son fascistas covardes, sen unha chisca de humanidade, e a súa ignorancia, a súa estupidez e a súa falta absoluta de empatía son un cancro para calquera sociedade que aspire a chamarse sa.
A semente do odio sempre remata en colleita de violencia
Non é casualidade. Non é un feito illado nin o produto dunha mente enferma que actúa soa, por moito que algúns queiran presentalo así para lavaren as mans. Cando durante meses se repite desde tribunas públicas, platós de televisión e escanos parlamentarios que as persoas migrantes son unha «invasión», unha «ameaza» ou un «problema a resolver», estase a fabricar, ladrillo a ladrillo, o permiso social para a violencia.
Os encapuchados que dispararon a Ali non naceron co odio incorporado: incúlcallelo o PP e VOX co seu discurso criminalizador,........
