menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Historia construída da catedral de Santiago

8 0
12.09.2026

Desde o mesmo inicio das obras de restauración e rehabilitación da basílica, a Fundación Catedral de Santiago non deixou pasar a oportunidade de simultanealas coa investigación, tendo en conta a posibilidade única de ter o patrimonio a poucos centímetros dos ollos e desenmascarar as sucesivas capas construtivas do edificio que ían quedando á vista.

A metodoloxía que denominamos historia construída, aplicada xa ao pórtico da Gloria no libro La catedral de la arquitectura, pon en relación a análise arquitectónica coa historia rexistrada nos documentos, a historia da arte a través dos movementos estilísticos, a arqueoloxía e a memoria cultural dos oficios e especialidades. Innumerables visitas por todos os recantos catedralicios, sempre con dúas miradas complementarias, unha........

© La Voz de Galicia