menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Beiras, as súas vidas por Galicia

16 0
10.10.2026

Finou X. M. Beiras. A terra seralle lene e a memoria fecunda. Impactado por unha morte que temía, case anunciada nos últimos meses, non esquezo o último serán na súa casa, coas amigas de Nós TV, para falar da súa historia. Tiña moito que dicir e moito que contar porque vivira moitas vidas. Foron 90 anos que comezaron, como el gustaba dicir, arrincando a primavera da vitoria electoral da Fronte Popular.

A súa vida política foi diversa e atrevida. Marcouna xa seu pai cando argallou, con outros galeguistas e republicanos composteláns, a Preceptoría de Pereira —da que sairía a Academia Minerva e o Colexio Peleteiro—, para que os seus fillos estudasen cun mestre represaliado e non en colexios do réxime. Continuou amparada naquel núcleo resistente da Rosaleda compostelá e da Galaxia galega. Desde 1963, PSG, BNG, Anova, En Marea e........

© La Voz de Galicia