menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Mans, historias

22 0
14.10.2026

Mans encalecidas, fendidas, coa pel esfolada e as uñas sucias de lixivia, que refregan, enxaugan, escorren e branquean. Mans que limpan as pegadas dos demais e que, ao remataren o día, aínda así, atopan tempo para achegaren un neno ao peito ou para se xuntaren e rezaren. Ou mans que remendan, fío a fío, o que a vida foi rompendo, que cosen tecidos e silencios, que esfían os bordos dunha existencia, que saben cando xa non hai arranxo........

© La Voz de Galicia