Fraga e Beiras: a Galicia que foi
Os países non se constrúen desde unha soa trincheira. Son o resultado de vontades distintas, de intereses encontrados e, ás veces, de adversarios que, sen pretendelo, acaban contribuíndo a unha mesma obra colectiva. A Galicia contemporánea, a Galicia do autogoberno, das institucións propias e da conciencia de país, foi precisamente iso: unha construción compartida.
Nela participaron, en primeiro lugar, unhas elites políticas procedentes das estruturas do Estado franquista que, chegado o momento, comprenderon que Galicia podía constituír un proxecto político de futuro. Manuel Fraga, Pío Cabanillas ou Eulogio Gómez Franqueira representan, con todas as contradicións e sombras das súas respectivas traxectorias, aquela dereita reformista que contribuíu á institucionalización do país. Fixérono por convicción, por pragmatismo ou por interese, pero tamén coa capacidade........
