Un retrato oteriano de Florentino Cuevillas
Como xa dixen, hai semanas a Fundación Otero Pedrayo convidoume e a impartir un relatorio sobra a relación entre Florentino López-Alonso Cuevillas e o señor de Trasalba. Mentres a redactaba, xurdiume a idea de facer un retrato do pai da prehistoria galega baseado nos escritos que sobre el publicou o patriarca das nosas letras. Por tal motivo, repasei os textos que conservo na miña biblioteca, correspondentes a publicacións nos xornais La Región, El Correo Gallego e La Noche, ou na editorial Galaxia, entre outros.
Nun primeiro achegamento, afirmo que na escrita de Otero latexa unha admiración polo seu amigo que transcende o plano persoal. A este respecto, comprobei que o fidalgo de Cimadevila non compuxo só unha biografía de Florentino, senón que fixo unha interpretación máis rica da súa personalidade, converténdoo nun símbolo intelectual, cultural e mesmo moral de Galicia. Constatei que -seguindo o fío condutor dunha amizade sentida e consolidada pola irmandade, o tempo e as circunstancias-, os textos........
