menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Non son raros

20 0
07.03.2026

Para o dicionario da Real Academia Galega, a palabra “raro” presenta varias acepcións, nomeadamente dúas: a persoa considerada como non moi normal ou ben aquel feito ou acontecemento que se manifesta cunha frecuencia baixa. Verbo do primeiro significado, non teño dúbida ningunha que vivimos nunha sociedade que trata deste xeito ós veciños que se senten ou viven de maneira diferente. Neste caso, a resposta do conxunto adoita se-la tendencia a illalos -si, aínda acontece hoxe- por non seguiren o normotipo establecido, até o punto de que, ás veces, os condena a unha vida ó bordo do abismo abrupto da marxinalidade social. Porén, vendo o que vexo tódolos días, atrévome a prognosticar que é moi probábel que os raros de hoxe sexamos os visionarios de mañá; abofé que non sería a primeira vez que se dese ó longo da historia e, xaora, non será tampouco a derradeira.

En segundo lugar, sustánciase tamén como “raro” aquilo que non ocorre cunha frecuencia aceptada como normal ou digna de ter en conta e, xa que........

© La Región