Evega; corenta anos no centro do sector vitícola
Aínda hoxe, estou convencido de que a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) constitúe un piar fundamental que sustenta o desenvolvemento do sector vitivinícola galego. A súa historia comezou o 5 de novembro de 1985, cando foi inaugurada no concello ribeirán de Leiro, ó pé do Mosteiro de San Clodio; un enclave fondamente ligado á tradición vitícola da nosa terra. Catro décadas despois, o 5 de novembro de 2025, celebrámo-lo seu corenta aniversario como centro consolidado e referente a nivel autonómico e estatal. Se a súa creación respondera á necesidade de modernizar e fortalecer un sector clave na economía e na identidade galega, co tempo a súa actividade foi medrando e aconsellou a apertura, en xullo de 1997, da Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía (Eeve) no concello pontevedrés de Ribadumia. Esta subestación permitiu aumenta-la súa capacidade de investigación e de intervención ó tempo que ampliou o seu achegamento ás distintas realidades vitivinícolas do territorio........
