menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A noite da tradición

7 0
27.06.2026

Aquela noite seguía a ser un templo sagrado da súa memoria; unha atalaia de vida e contemplación na que, durante unhas poucas horas, o tempo deixa de obedecer ás leis físicas que o rexen e a distinción cotiá entre pasado, presente e futuro se transforma, de socate, nun continuum irreversíbel, nunha densa mestura de historias herdadas, vivencias propias e emocións transversais compartidas. Solovio pensa nun espazo vital no que o transmitido polos devanceiros e o sentido por el mesmo, agora e sempre, non precisan de autorización para compartiren espazo. Deste xeito, a noite de San Xoán preséntase cada ano coma o limiar dun libro lido e relido, onde a conciencia histórica da familia -ese fondo de estirpe que vive impreso no seu adn-, se funde coa tradición dunha Galicia eterna, infinda, sagrada,... e perdurábel.

Noutrora, fora unha festa da tribo -ás veces, prefería falar de clan-, unha xornada na que a voz grave do avó Xoán presidía a mesa coa autoridade dun........

© La Región