menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Premios da coral De Ruada

23 0
23.06.2026

O historiador e expresidente da Real Academia Galega Xosé Ramón Barreiro Fernández publicou en 1982 a Historia Contemporánea de Galicia (edicións Gamma - A Coruña). Os dous primeiros tomos (a obra consta de catro) tratan da historia política de Galicia, o terceiro estuda a Historia de la Cultura Gallega (siglos XIX-XX) e o cuarto mergúllase na historia da economía galega. No terceiro tomo, ao tratar das agrupacións culturais e folclóricas, refírese á Coral De Ruada nestes termos: “Es sin duda la coral más galardonada de Galicia”.

A Coral De Ruada foi fundada o 5 de outubro de 1918 e fixo a súa presentación no desaparecido Salón Apolo de Ourense o 24 de xuño de 1919. Soamente dous meses despois, o 24 de agosto dese mesmo ano, obtivo o seu primeiro recoñecemento en Mondariz, no Gran Certame de Coros Galegos organizado Con motivo d’o descubrimento da estatua do ilustre galego fundador do Balneario de Mondariz D, Enrique Peinador Vela, no que obtivo o Premio de honra. Cómpre sinalar que o presidente do certame........

© La Región