menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Desleixo sen castigo

21 0
12.03.2026

En xaneiro de 2016, Donald Trump afirmara nun mitin en Iowa que podería disparar sobre alguén na Quinta Avenida e non perdería votantes. A declaración era perturbadora na súa honestidade. A fidelidade do seu electorado non dependía dos seus resultados nin da coherencia dos seus propósitos, senón dun sentimento tribal de pertenza. Dez anos despois, o alcalde de Ourense recibiu no pleno do Concello a sentenza firme do Tribunal Supremo que o condenaba por vulnerar os dereitos fundamentais dunha concelleira. En lugar de asumir o veredicto, Pérez Jácome preguntou retoricamente á cámara a quen había que darlle crédito: se á xuíza, á edil afectada ou a el mesmo. O mecanismo non é exclusivo de ningún país nin de ningunha escala política. O que parece unha excepción en política ten, decote, versións moito máis próximas.

Ourense é un laboratorio a escala onde as dinámicas que Habermas analiza nas democracias occidentais e que Trump fixo visibles na principal delas se len con claridade meridiana

Namentres, a avenida de Portugal amosaba 1.200 metros de obras paralizadas, con case nove mil veciños afectados e setenta negocios en apuros. A empresa contratada detivera os traballos por impagos do Concello, ao tempo que o rexedor invocaba o rigor contractual presentándose por enésima vez como a........

© La Región