Cando a política é non ter política
Las pernoctaciones en Orense han vuelto a subir en julio de 2026”, celebrou Gonzalo Pérez Jácome nas súas redes, antes de engadir que se conseguiu sen “gastar dinero en la trapallada de Fitur”. Que aumenten as estadías é unha boa nova, pero de ningún xeito habilita relacionar o incremento coa ausencia do Concello na principal feira do sector en Madrid. En avaliación de políticas públicas, un resultado só pode atribuírse a unha actuación cando existe unha relación demostrable. Non acudir ao devandito evento pode ser unha decisión acaída se o custo supera o retorno ou se existen alternativas máis eficaces. O aumento turístico non o proba. Ademais, Ourense si foi promocionada en Fitur. A Deputación levou unha programación específica, Expourense presentou Termatalia e Xantar, e a Xunta participou na promoción do destino. Quen decidiu non acudir foi o alcalde.
O turismo ourensán medra nun contexto favorable que ofrece explicacións bastante máis consistentes que o baleiro do rexedor
O turismo ourensán medra nun contexto favorable que ofrece explicacións bastante máis consistentes que o baleiro do rexedor. España mantén cifras históricas de afluencia turística e Galicia participa desta tendencia. Ourense conta tamén cun cambio decisivo na súa accesibilidade desde a chegada do AVE, que facilitou as estadas curtas e favoreceu a........
