Das canadas á latas das sardiñas
Nunha conversa por guasap, alguén me mandou saúdos a canadas. Era a primeira vez que lía ese vocábulo. Tiña lido ou oído -cando se mandan bicos, saúdos ou abrazos- a esgalla, a barullo, a carradas, a darlle cun pau ou un sacho, a embute, á envorca, a varrer..., pero nunca a canadas.
Como me gusta saber, axiña botei man do dicionario da RAG e... Canada: “Recipiente, polo xeral de latón, utilizado........
