E seguimos entre perdidas e santas
Un recurso -dígamoslle conversacional- do que adoito botamos man é sinxelo e de poucas palabras. Adoito botamos man del en cada ocasión na que a realidade nos supera e os argumentos non flúen como sería de esperar. Véñolle dando voltas a esta impotencia, que padezo en cada oportunidade na que intento comprender a realidade na que vivo. Diría que o fai comigo, cando menos, a metade do país, uns de dereitas, de esquerda outros, pero todos superados por esa realidade na que a política parlamentaria parecería que só tivese por obxecto a discusión de quen é máis disto ou máis daquilo. Cada vez que intento describir tal situación véñenme á cabeza os recordos dalgúns recreos do meu bacharelato ourensán no campo de deportes chamado O Pompeo.
Ás veces, a algúns dábanos por subir ó muro, continuado nunha alambrada dende a que contemplábamos, asidos a ela, ó que sucedía alá embaixo na rúa do Vilar, pola que transitaban as velliñas que acudían a medio día a prazoliña da igrexa da Trinidade que estaba, que está, unha vez cruzada........
