menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Os torques de Ansorena, a Ourense, por favor

18 0
02.05.2026

Leo no catálogo da prestixiosa casa Ansorena de Madrid que o próximo martes, 14 de maio, saen á subhasta pública dous torques de ouro da época castrexa, de entre os séculos VI e I a.C., e un brazalete, tamén de ouro, se cadra algo anterior, procedentes dunha colección particular galega e polo que solicitan 195.000 euros. Non se sinala procedencia pero parece ser que son de Ourense. E creo que case se podería apostar a que son restos dun tesouro aparecido no Castro de Beade en 1940, e que saíu da escura terra e entrou en terra escura por décadas. Eran tempos difíciles e avoltos. No Museo Arqueolóxico de Ourense existen dúas espirais para recoller o cabelo tamén de ouro e tamén desa cultura, seica de Regodeigón, alí preto, e que non é imposible fosen do mesmo xacemento.

Pero imos co que non hai dúbidas. Ourense é terra de ouro. Seica fomos no Imperio Romano o seu “far west” da febre do ouro. Viñan furar montes ou batear nos ríos. Din os especialistas que da Gallaecia saíu o 7% do........

© La Región