As ideas non duran moito; hai que facer algo con elas
Esta frase é de Ramón y Cajal. Cítoa ás veces, en particular en conversas con estudantes, doutorandos ou emprendedores. Moitos deles, sobre todo se son novos, cren que as súas ideas non só son únicas, senón excepcionalmente valiosas, mesmo cando non pasan de ser ocorrencias. Porén, a maior parte das veces esa idea que consideran xenial e inédita xa foi pensada milleiros de veces por outras tantas persoas, e mesmo levada á práctica de maneiras moi diversas. Por riba, canto máis exclusiva cren que é a súa idea, menos se molestan en comprobar se alguén máis a desenvolveu e de que modo.
Tamén é frecuente que as súas grandes ideas queden no caixón do esquecemento ou, peor aínda, no do “algún día fareino”. Ás veces abandonadas coa mesma rapidez coa que chegaron ás súas cabezas. Non é un drama. É normal que isto aconteza, sobre........
