menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A IA na economía galega

33 0
26.01.2026

Con este título acaba de publicarse o documento que cada ano acompaña o informe A Economía Galega, elaborado polo IDEGA. É de acceso libre, así que se quere saber mais do que aquí lle conto, pode descárgalo de internet.

Galicia non é unha excepción, así que tamén o noso país enfronta un desafío económico que transcende os debates convencionais sobre emprego, produtividade ou crecemento: a integración da intelixencia artificial no seu tecido produtivo e social. O mencionado informe, coordinado por min e elaborado xunto con expertos en dereito e economía e empresa cunha ampla traxectoria académica —Marcos Almeida, Luís Miguez e Luís Otero—, ofrece unha visión detallada e reflexiva sobre como as tecnoloxías intelixentes están a transformar e, sobre todo, poden transformar a estrutura económica e laboral de Galicia.

A IA non é unha senón un conxunto amplo e diverso de métodos e ferramentas que poden automatizar, ampliar ou acelerar procesos produtivos e fomentar a innovación en servizos e produtos en todos os sectores da actividade humana.

Galicia mantén un ritmo de crecemento económico resiliente, sustentado na súa capacidade industrial e no dinamismo exportador —aspectos que........

© La Opinión A Coruña