O Colexio Maior San Clemente e a Residencia Universitaria Compostelana
A deshumanización descarada estende os seus tentáculos á universidade, con canto significa de valores éticos e estéticos,unidade na diversidade, escola de humanismo. Cando prima a economía e se especula cos solares, coa vivenda, crise habitacional e máis para quen se forma... Vendo como en Compostela, cerna de valores espirituais, esmorece un dos singulares edificios, o Colexio Maior San Clemente. Parte do que foi modélico campus universitario en difíciles anos, A Residencia. Excolexiais insistimos na súa rehabilitación e revitalización.
E detrás unha historia que se remonta ao modernismo, ambiente aínda con algo de troiesco, o 1919, cando seguidores de Montero Ríos, de cariz liberal dinástico, reitorado e alcaldía dunha Compostela de clérigos, universitarios tunescos de Fonseca e dun rebulir de feirantes, acordaron crear, a modelo de Madrid, unha Residencia Universitaria. O sitio sería o Campo de don Mendo, entre o bosque da Condesa e a Ferradura, a «parte de atrás» da cidade, onde na nas festas se instalaba a praza de touros . Moveuse entón a burocracia, axudou o xornal El Correo Gallego e dende 1946 La Noche, avivando unha vella ilusión.
Será no 1928, coa ditadura de Primo de Rivera, cando se retoma o proxecto, para madurar coa república, baixo a iniciativa do reitor, o noiés, Alexandre Rodríguez Cadarso , deputado da ORGA. Gabinete que pon mans á obra, visitando en Vigo ao prestixioso arquitecto Jenaro de la Funte Álvarez, fillo de Jenaro de la Fuente Domínguez (Valladolid 1851- Vigo 1922, este Tenente de Enxeñeiros Militares, destinado en Ferrol, logo en Vigo... Arquitectos coñecedores das posibilidades da pedra de Galiza, do potencial artesán, como os canteiros, así como das arquitecturas históricas . De la Fuente Álvarez (1891-1963 Vigo) está influído polo herdo do seu pai, así como do arquitecto de Porriño Antonio Palacios Ramilo (1874-1945), referente entón polas súas obras en Madrid, Mondariz, Vigo e mesmo en Compostela, igual que o outro arquitecto implicados na liña dos presupostos da Xeración Nós, como Gómez Román.
Jenaro de la Fuente Álvarez e un plan urbanístico referente non ben respectado
De la Fuente Álvarez, con antolóxica obra en Vigo, escoita as propostas........
