O Carballo de Padroso
As árbores, coma os libros, teñen follas. O Carballo de Padroso contén, ademais, a historia que asombra, que se estende na derrota dos días por centos de anos, e que orilla o camiñar esperanzado dos que desde o Sur, como Almanzor no ano do noso Señor de 997, buscan Compostela, non para roubar campás, senón ca esperanza dun milagre: dun encontro consigo mesmo, cos demais, coa eternidade ou co bo pasar dos días, dos que desde o chan buscan o ceo. Así é como o sinala a mesma árbore de Bieito Ledo, unha frecha imperfecta, ferida polo vento, acariñada polo sol, adormiñada polo rumor da auga que alí mesmo nace e que cada Segundo sábado de xullo faise romaría, danza de seres que entenden que a natureza merece o seu respecto, a súa loa, o seu cantar admirado, poético.
A Padroso hai que ir indo, como van os peregrinos, como foron os emigrantes que marcharon da........
