Territorios da materia
NA CASA Picasso da Coruña, onde o xeniño malagueño pasou parte da súa infancia, amosa, na sala de exposicións da planta baixa, a súa obra Elías Cochón (Vilagarcía de Arousa, 1966). Un traballo baseado nun permanente desafío ante as posibilidades dos materiais por xerar novas percepcións a partir dunha natureza convertida en cada obra nun territorio de exploración polo que o artista se adentra sen prever as consecuencias, os resultados dun traballo que ten moito de intuición e de risco, pero que, ao seu remate, sorprende ao creador, así como a un espectador que se ve engulido pola contundencia das súas propostas.
‘Xeometrías en area’ é o título dunha mostra que poderá visitarse ata o 30 de maio, e na que nos atopamos pintura e escultura, nunha clara maridaxe que mesmo en cada unha das disciplinas coquetea unha coa outra, atopando nas pinturas unha sorte de tratamento escultórico que tenta medrar dende a súa superficie, do mesmo xeito a como a pintura coloniza varias das esculturas, atopando, daquela,........
