Doutro lado da montaña
A PESAR DE que todos os meus mestres me insistiron en que non prestase demasiada atención á vida dos autores que leo, a deformación do lector pode con iso e non podo evitar comezar todas as miñas lecturas polas solapas ou a contra informativa. Grazas a iso souben hai uns días que a cada lado dos Ancares viviron durante anos dous mozos nados o mesmo día: o meu pai en Becerreá e o poeta Juan Carlos Mestre en Vilafranca do Bierzo
Esa serendipia alimentou por días a miña lectura da xigantesca ‘Asamblea’, compilación de toda a lírica de Mestre que vén de xuntar Galaxia Gutenberg. Inclúe a obra unha longa introdución dun Jordi Doce moi presente estes meses nas librarías e un poema de presentación de Antonio Gamoneda. Mestre pertence á prolífica lírica leonesa do século XX, que, con figuras coma os citados........
