menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Os últimos papeis que gardou Ánxel Fole

35 0
04.03.2026

A PRIMEIRA foto estaba no segundo andar da anterior de El Progreso. Subías unha escaleira interior e atopabas a imaxe. Fole aparece de pé. O ámbito debe de ser a redacción. Está entre máquinas de escribir. Ao fondo vense unha ventá e un aparello de aire acondicionado. Supoño que está noutra redacción, na anterior á que coñecín eu. Don Ánxel viste un traxe sombrizo e burgués, unha camisa proletaria de cadros e un sombreiro labrego de palla. É un sombreiro dos que deixan correr a brisa no verán, coma os que se usaban para a sega. Lévao ladeado para darlle ritmo. As gafas, densas e negras, son cincuentonas; pode que literalmente. Un bastón dunha finura afrancesada cólgalle aleatoriamente do brazo dereito. Ten unha expresión cansa, pode causalo o sofoco ou o cansanzo de vivir.

O escritor empezou a colaborar en El Progreso en 1928, con 25 anos. O seu primeiro artigo será un rendición a Góngora e unha vindicación de poetas ignorados aínda, como Gerardo Diego, García Lorca e Alberti. Tiña olfacto estético. Podía ilusionarse coa mesma fugacidade que sentirse xustamente decepcionado. Catro anos máis tarde, Federico visita Lugo. O poeta de Fuentevaqueros era xa venerado polo seu brillo na Xeración do 27, chamada así por unha homenaxe a Góngora que reunira novos talentos celebrada en........

© Galiciaé