A tiranía, ese costume americano
HAI UN momento de 'Tempo de correspondencia' (Xerais) no que Xesús Fraga recomenda a Xerardo Quintiá a novela 'Miguel Street' (Mondadori) de V.S. Naipaul, onde se conta esa historia que veño de contarlles. Lera ese libro de Fraga e Quintiá —delicioso, xa llelo dixen— hai tres semanas. O asunto é que lin tamén 'Miguel Street' (1959), onde Naipaul amasa a súa infancia para disfrazala en 17 relatos que están relacionados. Miguel Street é unha rúa de Porto de España (Trinidade) habitada por persoas exhaustas de vivir, alcohólicas, desesperadas e ben divertidas. Naipaul non residiu nesa barriada, pero ambienta nela unha visión adormentada da súa infancia contándoa en colores pastel. Amosa unha cadea de violencia con naturalidade: os homes baten nas mulleres como proba de masculinidade, e homes e mulleres baten nos fillos como mostra de propiedade.
De todos os xeitos, o escritor presenta personaxes extravagantes, como o poeta que leva cinco anos escribindo "o poema máis longo do mundo". Resignado, o poeta recoñece que lle quedan outros 22 anos porque tarda un día completo en dar forma a un verso. Pensei nese autor galego que leva unha década escribindo unha novela á que engade unha palabra diaria. A fórmula parece nefasta para a narrativa, pero veremos se vence o talento sobre o endeusamento.
En........
