O coleccionista
Estamos nos cuarenta do século pasado e en Ourense, cidade na que nacín. Había alí, daquela, un quiosco de prensa moi visitado polos nenos: chamábase Viúva de Lisardo pero non se miraba naquel negocio outro poder executivo ca o do Lucho, que debía de ser o apoderado xeral da misteriosa propietaria. O tal Lucho foi quen nos introduciu a moitos rapaces no universo dos cromos. Anunciábase unha colección e logo vendíanse os cromos (anteriormente «estampillas») en sobres pechados. O coleccionista encontrábase unhas veces falto dalgún número e, outras, farto doutros. Por iso acudía á «bolsa» que tiña lugar cada domingo de mañá nos «jardinillos» (outro ourensanismo) do Padre........
