A outra batalla de Clavijo
Quizais lle soe a chamada batalla de Clavijo. Eu tiven que repasar o que lembraba dela vagamente. Segundo a tradición, tivo lugar no século IX e enfrontou ás tropas cristiás do rei Ramiro I de Asturias cos musulmáns de Abderramán II. Dise que, durante a contenda, apareceu milagrosamente o apóstolo Santiago montado nun cabalo branco para axudar os cristiáns a acadar a vitoria. De aí xurdiría a figura de Santiago Matamouros e boa parte do imaxinario simbólico da Reconquista. É só unha lenda, en todo caso, aínda que haxa quen quixese que se repetise agora.
Pero non é desa batalla imaxinaria da que quero falarlles, senón doutra batalla de Clavijo, esta ben real e recente. Refírome á protagonizada por Fernando Clavijo, presidente do Goberno de Canarias, durante o episodio do buque MV Hondius, no seu intento de impedir que atracase en portos canarios.
Esta batalla, iso si, tivo moito máis de esperpento que de suposta épica. Lembremos brevemente a situación: o MV Hondius, un buque de expedición polar, sufriu un brote de hantavirus ou virus........
