A IA segundo Bill Gates
A finais dos anos noventa lin o libro «Camiño ao futuro» —The Road Ahead na súa versión orixinal—, escrito por Bill Gates, daquela CEO de Microsoft, coa colaboración de Nathan Myhrvold e Peter Rinearson. Pareceume moi interesante e visionario. Falaba de como a informática e as telecomunicacións ían crear unha «autoestrada da información» que o transformaría todo. Non viu, nin sequera intuíu, o auxe da IA no que levamos anos instalados. Ao ritmo ao que cambian as tecnoloxías en xeral, e as intelixentes en particular, é moi difícil prever o que haberá dentro de tres anos, así que imaxinen dentro de tres décadas.
A universalización da informática e das telecomunicacións, xunto co seu constante abaratamento, constituiría o soporte necesario para crear esa autoestrada pola que circularían textos, sons, imaxes, vídeos, servizos dixitais e mesmo o diñeiro. A súa visión era optimista, aínda que apuntaba algúns problemas ou riscos que hoxe se repiten e extraordinariamente amplificados: a seguridade, a privacidade, o desemprego tecnolóxico, a fenda dixital e mesmo o illamento social eran algunhas das súas preocupacións.
A IA non era o único que estaba ausente no libro. Na primeira edición nin sequera apostou por internet,........
