Mentres arde esta casa
Maricarmen, nunha concentración de apoio. / F. Sánchez / EP
Catorce días despois de ser desafiuzada da que fora a súa casa durante setenta anos, Maricarmen faleceu no Hospital Gregorio Marañón confirmando o peor dos desenlaces; ese tristísimo final que levabamos semanas vaticinando en privado porque hai realidades que pronunciar en público son dunha falta absoluta de delicadeza. E así, mentres murmurabamos que parecía máis que posible que unha muller desa idade e no seu estado de saúde puidese sobrevivir a todo o peso que lle caera enriba, diversos medios de comunicación, políticos, presentadores de televisión, youtubers e demais familia, vomitaban sobre ela toneladas de faltas de respecto; porque o feito de deixala sen casa non lles debía parecer suficiente e había que retorcer a realidade para que Maricarmen parecese a única responsable do que lle estaba sucedendo.
Talvez por este motivo empezamos a ler mensaxes nas redes sociais coma a que a ultradereita lanzou o 27 de setembro: «Toda España sabe que si en vez de Maricarmen fuera Morocarmen tendría casa». Ou as declaracións........
