Boquete e Iglesias fan historia
No ano 2015 Electronic Arts anunciaba que EA SPORTS FIFA 16 contaría, por primeira vez na historia da franquicia, con 12 Seleccións Femininas: España, Australia, Brasil, Canadá, China, Reino Unido, Francia, Alemania, Italia, México, Suecia e Estados Unidos.
Detrás deste fito estivo a futbolista galega Verónica Boquete, facendo realidade unha petición promovida a través da web change.org, interpelando á compañía de videoxogos para que non excluíse ás xogadoras femininas. Naquel momento, a saga FIFA levaba máis de vinte anos sendo o videoxogo de fútbol máis vendido do mundo, pero non permitía xogar nin con seleccións femininas, nin con futbolistas mulleres.
A campaña de Verónica Boquete converteuse nun caso emblemático de activismo no ámbito desportivo. Conseguiu un cambio real na industria do videoxogo, acadando vinte mil sinaturas de apoio nas 24 primeiras horas da campaña.
Verónica Boquete semella ter o sino de romper barreiras e abrir camiños que ata ese momento eran intransitables para nós. Liderou........
