menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Por que autismos e non autismo (I)

22 0
22.10.2026

Acto institucional da Fundación Menela polo Día do Autismo. / Alba Villar

Historicamente, o autismo era unha entidade única, de aí que científicos e investigadores tratasen de buscar unha causa tamén única. Porén, había un recoñecemento da heteroxeneidade da conduta e dos niveis de funcionamento, adaptación e nivel intelectual.

Falar de autismos actualmente está xustificado por un maior coñecemento sobre as súas diferentes etioloxías, impacto da estrutura psicolóxica, familiar, social e graos de afectación. O propio concepto de espectro autista implica que os diagnósticos non sexan pechados, senón flexibles e con diferentes evolucións.

A análise da heteroxeneidade da conduta do espectro autista en subgrupos significativos é un reflexo da falta de comprensión da neuroloxía do autismo, que podería deberse a diferentes causas biolóxicas. A inclusión da síndrome de Asperger como unha categoría diagnóstica, separada do trastorno autista, é un intento de dar........

© Faro de Vigo