menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Edgar Morin

33 0
02.06.2026

Ocupeime da intensa obra de Edgar Morin (1921-2026) que faleceu o pasado día 30 de maio aos 104 anos. Un grandísimo intelectual, sociólogo, filósofo e investigador, en dous artigos publicados en FARO DE VIGO: ‘Xeralistas e especialistas’ (04-04-2022), e ‘Leccións dun século de vida’ (23-07-2025).

No primeiro dos artigos daba conta do diálogo que Morin mantivo con Boris Cirulnik (1937...), no cal reflexionan do papel dos especialistas no seu confort intelectual, acumulando constantemente informacións sobre unha mesma materia de cara a «sabelo todo sobre a nada». Por iso deciden ser xeralistas, é dicir, meter o nariz un pouco cada vez na bioloxía, medicina legal, psicoloxía ou psicanálises. Rematase, entón, por non ser especialista en nada, pero ter a mellor opinión sobre a persoa coa que nos atopamos que se chama o ser humano. Dúas actitudes, dúas políticas do saber totalmente diferentes. É a unidade........

© Faro de Vigo