Chámome Andrés Lapique do Barro
O cantante galego Andrés do Barro. / FDV
Sento diante da fiestra e decido non mirar á rúa. Prefiro ler, porque o que escoito, vexo e leo ao longo do día non fai máis que poñerme triste, impotente e encherme de carraxe. E que mellor antídoto perante a brutalidade que a literatura e a música?
Por iso estou a gozar cun libro que relaciona estas dúas artes nuns relatos marabillosos. Estou a ler Relatos de música e músicos. De Voltaire a Ishiguro (1766-2013), editados por Alba Editorial. Que delicia de textos. Unha antoloxía de 44 contos e nouvelles protagonizados por músicos ou coa música como eixe principal. Dous séculos de escritos e unha gran variedade de xéneros musicais e de estilos literarios (da fábula ao conto realista, da narración de terror ao retrato psicolóxico). Unha obra que me permite penetrar nunha chea de autores e autoras, moito tempo esquecidos.
Nestas ando, cando na miña libraría habitual dou cun libro que me chama a atención de inmediato: Andrés do Barro. A xénese do pop en galego, escrito por Fernando Fernández Rego, –quen xa........
