Volveremos discutir sobre a festa do Orgullo
Opinión Volveremos discutir sobre a festa do Orgullo
O 28 de xuño achégase cada ano arrodeado de debates antigos e, se hai sorte, se hai forzas, debates novos. As rúas énchense de pancartas con frases repetidas e frases a estrear. Outras desaparecen porque o movemento cuir, coma todos, evoluciona. Os manifestos adáptanse a sociedades novas, leis novas, necesidades novas. Algunhes levan vendo e ocasionando os cambios dende que esixían e berraban por cousas tan simples como o matrimonio, a despatoloxización e mesmo a legalización das súas vidas.
Facer memoria cuir non é por necesidade botar a vista ó século pasado. Na última década en Vigo a organización da festa do orgullo LGTBIQ que tiña sempre lugar tras a mani tivo que superar cada vez máis e máis obstáculos. Subvencións públicas que ven cambiados os seus........
