O sionismo non é unha vítima da historia: é unha ideoloxía de estado racista
Non fai falta inventar nada. Esa é a primeira cousa que hai que dicir cando se fala do sionismo como proxecto político: a realidade documentada, dita coa propia boca dos seus dirixentes históricos e actuais, xa é suficientemente brutal. Non precisamos citas apócrifas nin frases fabricadas en foros de propaganda para demostrar que o sionismo, como ideoloxía de Estado, construíuse sobre a negación sistemática da existencia, dos dereitos e mesmo da humanidade do pobo palestino.
O que din os seus propios fundadores.
En xuño de 1938, nunha reunión da Axencia Xudía, David Ben-Gurión —o home que fundaría o Estado de Israel dez anos despois— declarou sen ambaxes: *»Apoio o traslado forzoso. Non vexo nada inmoral niso.»* Non era unha frase illada nin sacada de contexto: era a formulación explícita da política de «transferencia» —eufemismo para limpeza étnica— que a dirección sionista discutía abertamente trala Comisión Peel de 1937.
Trinta e un anos despois, en xuño de 1969, a primeira ministra Golda Meir explicábao aínda con máis claridade nunha entrevista ao Sunday Times: *»Non existía tal cousa como os palestinos… Non é que houbese un pobo palestino en Palestina que se considerase a si mesmo como pobo palestino e nós viñésemos e os botásemos e lles quitásemos o seu país. Non existían.»
Isto non é retórica dun extremista marxinal. É unha primeira ministra de Israel, nunha entrevista oficial, cun rexistro completo e verificado pola propia historiografía académica occidental.
Cincuenta e catro anos despois, a mesma negación.
O que máis debería inquietarnos non é que estas ideas existisen en 1938 ou 1969. É que seguen aí, intactas, en boca dos que hoxe gobernan Israel.
En marzo de 2023, en París, o actual ministro de Finanzas Bezalel Smotrich declarou: «Non existe tal cousa como os palestinos porque non existe tal cousa como o pobo palestino.»* *»Non hai historia palestina. Non hai idioma palestino.» O público aplaudiu. Francia cualificou as súas palabras de «vergonzosas e irresponsables»; Xordania convocou ao embaixador israelí. En 2024, o mesmo Smotrich afirmaría que dous millóns de palestinos en Gaza querían «degolar, violar e asasinar xudeus» —a xustificación perfecta, coma sempre, para o que veu despois.
Itamar Ben-Gvir, hoxe ministro de Seguridade Nacional, foi condenado en 2007 por incitación ao racismo e apoio a unha organización terrorista —o movemento Kach, ilegalizado tras a masacre de 29 fiéis palestinos en Hebrón en 1994. Ten polo menos oito condenas ao longo da súa carreira. En marzo de 2026, celebrou a aprobación no parlamento israelí........
