O candidato da vergoña foxe aos brazos do seu amo
Catro días. É o que lle durou a Flávio Bolsonaro a épica do «rescate do Brasil». O domingo 25 de outubro perdeu as eleccións fronte a Lula e, o luns, a Policía Federal notificoulle a orde do Supremo: entregar os pasaportes. O martes, cando venceu o prazo, xa estaba fóra do país. Así é a ultradereita: moita bandeira, moita patria e moito Deus ata que chega a hora de responder ante a xustiza.
Segundo as autoridades arxentinas, Flávio Bolsonaro, a súa muller e as súas fillas entraron pola ponte internacional Tancredo Neves, en Misiones, e desde alí puxeron rumbo aos Estados Unidos. Sen pasaporte brasileiro, claro, pero co italiano que obtivo en 2023 e que a xustiza........
