Un sabio
Foi na outonía. Probablemente, novembro. Alá fun co Paco Mariló rumbo ao Mediterráneo. Altea, paraíso de luz, mesmo cando a luz escasea. Días curtos. Ás 6 da tarde todo semella cetrino. E a escuridade comeza a camiñar como unha formiga, incansable. Paramos a durmir en Albacete. A experiencia non foi boa. O Mariló asegura que de todas as capitais de España é a menos atractiva. Eu sospeitei que aquelas vacacións serían........
