O perfume das palabras
Cando nos días de festa o meu pai abría unha botella de viño, viño da casa, vendimado na horta da avoa Ermelinda, e o escanciaba na xerra, o mundo todo enchíase dun perfume especial. Uvas caíñas e albariñas. Nunca esquecín ese perfume. Por máis que agora se traballa moi ben a ciencia do viño, cuns resultados magníficos, ese perfume acompáñanos case que dende a noite dos tempos, e sospeito que seguirá acompañándonos sempre. Algo así sucede coas palabras: a vella lingua dos avós, que en moitos casos os netos (e as netas) tivemos que recuperar. Tamén as palabras teñen perfume. Sobre todo as primeiras palabras.
Estes días celebramos a Begoña Caamaño, unha mociña que naceu nun barrio de........
