Christa Pike
No momento de escribir esta marea aínda non sabemos se os médicos lograrán salvar a vida desta muller, condenada a morte e executada dúas veces con pentobarbital no estado de Tennesee (EE. UU.). A noticia está a dar a volta ao mundo. Christa leva tres décadas no corredor da morte, agardando a pena capital á que foi condenada polo asasinato dunha amiga coa complicidade do seu mozo e outra compañeira de colexio cando tiña 18 anos. Agora ten 50. O mozo, maior ca ela, foi condenado a cadea perpetua e está en proceso de recuperación. A amiga librou, despois de denunciar o crime que, segundo as crónicas, tiña todas as características dos ritos satánicos que tanto impresionaron o mundo no ano 1967 cando o asasinato de Sharon........
