Fantasía mariñeira: «Se estivésemos alí...»
Coñecín a palabra arruaio, «unha pinga de arruaio», nun poema de Vítor Vaqueiro. Van tantos anos que se chegan a facer incontables, e o que parecía soberbia de máis, antepoñéndolle pinga, humanizaba. Por elo entendo que as recentes manifestacións da hoxe conselleira do Mar —mais aló da pesca— ante a quincuaxésima rolda de negociacións para as cotas de pesca nas augas da UE e países asociados exceden a prudencia debida dun político sen responsabilidades nelas, e se cadra pouco sabedor das negociacións de cotas. De aí o fachendoso dese «Xa nos gustaría negociar nós para defendernos coa determinación que lle faltou a Planas», recollido en La Voz. Todo elo adobiado cunha estraña trécola sobre os efectos dos recortes. Onde non se fala........© La Voz de Galicia
