Veráns de «Falcon Crest»
Aburriamonos coma ostras despois de Falcon Crest. Os saltóns non se conformaban coa sombra da viña, e os acios aínda verdes de agosto non tiñan a mesma pinta luxosa que os da familia Gioberti, que medraban frescos onda a piscina. Nós só tiñamos o río de Bran, coas súas serpes e os tabáns, para nadar sen crema solar con flotadores que eran rodas de furgoneta. Era un mundo sen adultos e sen incendios.
Así engana a memoria. O verán de 1987, cando o meu pai me........
