Extremadura e pecha España!
Nas décadas dos anos 50, 60 e 70 do pasado século uns oitocentos mil cidadáns de todas as idades abandonamos as provincias de Cáceres e Badajoz expulsados polo latifundismo endémico, o caciquismo político e a falta de horizontes laborais e culturais. Alén de Europa, as provincias de Euskadi, Cataluña, Levante e Madrid colmáronse de familias extremeñas. Calcúlase que hoxe máis dun millón daqueles e os seus descendentes non retornamos á terra de onde procedemos. Non puidemos desfrutar nin contribuír ao progreso que sementaron a democracia, a autonomía e os sucesivos equipos socialistas que gobernaron con estabilidade os cambios, coas súas virtudes e defectos. Porén desde a distancia e nas visitas periódicas sentímonos orgullosos do espertar dunha terra que durante séculos vivira ancorada na historia de cartón pedra dos conquistadores supostamente gloriosos e as nobrezas rancias, mentres o proletariado do........
