O solpor de Westminster e a alborada de Escocia, Gales e Irlanda
Este maio de 2026 ficará gravado nos anais da historia británica como o intre no que as costuras dun Estado unitario e esgotado rillaron definitivamente pola periferia. Os resultados en Gales e Escocia debuxan unha xeografía política onde o centro de gravidade xa non reside en Londres, senón nunha afirmación soberanista que, con distintos matices, asume o liderado dun novo tempo atlántico.
En Gales, o terremoto foi absoluto. Os soberanistas do Plaid Cymru, baixo o intelixente liderado de Rhun ap Iorwerth, acadaron un éxito sen precedentes: 43 escanos e un 35,4% dos votos (20,7% no 2021), converténdose no motor dun Senedd ampliado a 96 deputados . Fronte este ascenso, o laborismo, que gobernara Gales dende a “devolution” na fin do século pasado, sufriu un colapso histórico, ficando con apenas 9 escanos e un 11,1% de sufraxios (fronte ao 36,2%! de 2021). Perden tamén os conservadores, con só 7 escanos (10,9%), papados polo supremacismo extremista do Reform UK, segunda forza política, con 34 escanos e o 29,3% dos votos. Os liberais demócratas (4,4% e un escano) e os verdes galeses,........
