Medidas estatais insuficientes, medidas autonómicas inexistentes
A escalada bélica no Irán é o motor dunha nova ondada inflacionaria que ameaza con crebar unha economía galega xa moi castigada. A publicación no BOE dos novos decretos-leis do Goberno do Estado pon sobre o taboleiro un abano de medidas que, se ben pretenden ser un dique de contención, adoecen da mesma doenza de sempre: o centralismo uniformador que ignora a nosa realidade nacional e maila falla de afouteza para tocar os cimentos do poder financeiro e enerxético.
O Goberno do Estado teima nunha estratexia de rebaixas de IVE e bonificacións lineais que, sobre o papel, semellan aliviar o peto do cidadán e dalgúns colectivos que mais sofren esta ondada. Tamén adoptan algunha medida enerxética interesante, como a potenciación do autoconsumo eléctrico, do consumo da enerxía na contorna onde se produce, no canto do carísimo transporte no que se alicerza o sistema enerxético do Estado español.
Fronte a este modelo de curto alcance e, por riba de todo, pouco concreto nos seus efectos por se definir dende un centro madrileño que -seica- todo o sabe e todo o entende o BNG ten proposto un modelo galego,........
