Ceuta: crise de Estado e de convivencia democrática
A fronteira sur non é só un límite xeográfico. É o espello deformante onde a democracia española mide a calidade dos seus principios. Os movementos en Ceuta e a tensión parlamentaria dos primeiros días de setembro consolidan unha crise de Estado que compromete os piares do noso dereito garantista, propio das democracias liberais europeas e mesmo a propia convivencia.
O devir de Ceuta e Melilla dende os anos oitenta e, nomeadamente, dende o peche unilateral da alfándega marroquina (2021) explica a urxencia do presente. Rabat despregou dende aquela unha estratexia de asfixia económica e presión híbrida fronte á que o Goberno central responde con falla de transparencia e unha asimetría diplomática moi dificilmente explicábel. A falla dunha folla de ruta pública priva á cidadanía dunha narrativa firme baseada na soberanía e nos dereitos fundamentais. Velaí a coincidencia de discursos críticos co Goberno do Estado do PNV, EH Bildu, Junts, ERC ou BNG. Porque se a cidadanía non ten a información precisa e acaída afóndase a fenda pola que entra a enxurrada do discurso nativista, inzado de intolerancia -cando non de racismo- da dereita extrema do PP e da extrema dereita de Vox.
Canto ás persoas maiores de........
