menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Asfixian o noso sector lácteo

14 0
15.04.2026

O 31 de marzo último rematou a vixencia dos contratos de subministración de leite entre os produtores e as industrias lácteas. Dende o 1 de abril e até o 30 de xuño haberíanse negociar outros contratos entre produtores e industrias. Mais estas industrias xa actuaron, rexeitando manter os prezos anteriores e, aproveitando a vulnerabilidade dunhas unidades de produción que non poden ficar co leite sen recoller, impuxeron rebaixas medias de 0,08 euros/litro, seica meirande canto máis produción achega cada produtora, para os novos contratos, que rexerán entre o 1 de abril e o 31 de xullo de 2026.

Coinciden as persoas expertas, entre eles a veterinaria e deputada do BNG Ariadna Fernández e o presidente da Federación Rural Galega, Elías Somoza, que Galicia achega a rentes do 42% da produción láctea do Estado mais sufre da inestabilidade e crises recorrentes do mercado, máis graves arestora cando na nosa estrutura produtiva hai explotacións que venden uns 200.000 kgs/mes, que........

© La Región