As tenues evanescencias matéricas de Tamara Feijoo
Abriu nos pasados días a nova tempada expositiva na Galería Marisa Marimón coa artista Tamara Feijoo Cid. A galerista Nuria, filla da fundadora, inaugura con ela o ABERTO deste ano, acción inicial coordinada entre o 17 e o 19 deste mes setembrino con galerías de Lugo, Santiago, A Coruña e Vigo, da Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia. Eis unha acción de relación dunhas pequenas empresas dedicadas ás artes plásticas, punteiras na súa concepción de modernidade plástica na comunidade autónoma. Venme dende a memoria, en paralelo comparativo, a Nit de l’Art, de Palma de Mallorca, de 6 a once da noite cun carácter festivo, sorte de versissage social consolidado no calendario insular que enche os mass media de texto e imaxes, información e visibilización á vez. Eis unha idea na que traballar en........
