Unha película “jurásica”
Jurassic Park” de Steven Spielberg foi sen dúbida unha das estreas máis destacadas do verán do 1993. A película, baseada na novela de Michael Crichton, foi o blockbuster que marcou o inicio da era dixital. Ademais revolucionou os efectos visuais e espertou o interese mundial para a paleontoloxía nos nenos e nenas daquela época. Steven Spielberg, unha vez máis, conseguía cativar a toda unha nova xeración de espectadores.
Tamén o director David Robert Mitchell creceu a base das fantasías de Spielberg, entre dinosaurios, aventuras e encontros na terceira fase. De feito a súa última longametraxe “El final de Oak Street” podería ser a secuela perfecta de “Jurassic Park”. O seu novo filme recupera a inocencia da primeira entrega do parque xurásico e........
