menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Michael

10 0
08.05.2026

Os biopics sempre tiveron un lugar especial dentro da produción cinematográfica. As ficcións sobre os músicos poden considerarse case un subxénero. Hai biopics musicais que teñen unha calidade indiscutible, incluso dentro dunha narrativa máis convencional. É o caso de “Amadeus” (1984) de Milos Forman -aínda que o cineasta reinventou as vidas de Mozart e Salieri -, ou de “En la cuerda floja” (2005) de James Mangold sobre a relación entre Johnny Cash e June Carter, así como “Control” (2007) de Anton Corbijn, un retrato en branco e negro do ídolo dark Ian Curtis, ou como a miniserie “Pistol” (2022) creada por Danny Boyle e Craig Pierce. Recentemente, poderíamos engadir “Springsteen: Deliver Me From Nowhere” (2025), un relato imperfecto sobre o momento depresivo e introspectivo na carreira de ‘The Boss’ ou “A complete Unknown” (2025) sobre os comezos musicais de Bob Dylan.

Nestes últimos anos, ao igual estreáronse outros biopics menos logrados como “Elvis” (2022) de Baz Luhrman - en realidade un filme biográfico sobre o coronel Parker-, “María Callas” (2024) de Pablo Larraín ou “Back to Black” (2024) de Sam Taylor-Johson, só por citar algúns. Filmes que quedan na superficie, que........

© La Región